mércores, 6 de xullo de 2022

Resolución provisional da axuda de libros e material escolar 22/23

As listaxes provisionais poderán consultarse presencialmente, sendo necesario pedir cita previa para a súa consulta no correo electrónico do centro. As persoas solicitantes das axudas recibirán a información da resolución nunha mensaxe a través do correo electrónico facilitado a comezos de curso.

Os vales, tanto de material como de libros de texto concedidos, entregaranse no mes de setembro.

De haber reclamacións á resolución provisional, dispoñen ata o día 8 de xullo (solicitando cita previa) para facelo.

mércores, 15 de xuño de 2022

Formalización matrícula 22-23 NOVO alumnado

O alumnado NOVO no centro deberá formalizar a matrícula desde o día 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive.

Documentación a entregar:

- Formulario de matrícula (pódese solicitar no centro unha copia).

- 2 fotos tamaño carnet.

- Libro de familia (se non se entregou na admisión).

- DNI/NIE dos proxenitores e a alumna/o (se o ten).

- Volante de empadronamento histórico colectivo.

- Tarxeta sanitaria.

- Cartilla de vacinas.

mércores, 18 de maio de 2022

Axudas para libros de texto e material escolar (Educación Primaria). Curso 22/23

Enlace da convocatoria das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria.

Prazo: desde o xoves 19 de maio ata o mércores 22 de xuño (inclusive)

- Resolución provisional: 6 de xullo. Informarase nesta web. O período de reclamación serán os dous días seguintes á publicación.

- Resolución definitiva: 13 de xullo. Informarase nesta web.

Os vales concedidos entregaránse no mes de Setembro.

Presentación

- Vía electrónica: no enlace.

- Presencialmente no centro (pedir cita previa por teléfono). Entrégase no centro no que se vai cursar o ano académico 22/23.

Documentación a entregar:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor (coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores).

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE. 

Facer clic para imprimir o Anexo I e Anexo II. Tamén se poden recoller no centro solicitando cita previa.


xoves, 3 de marzo de 2022

Proceso de admisión alumnado curso 22/23

O prazo de presentación das solicitudes de admisión abrangue do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos inclusive.

Formas de presentación da solicitude (Anexo II galego/Anexo II castelá), tres opcións:

  • Cubrir a solicitude manualmente e entregala asinada no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica.
Para entregala de forma presencial, solicitarase cita previa no teléfono 981640238.

Documentación a entregar
  • Impreso da solicitude de admisión.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a consulta.
  • Documentación acreditativa do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.
  • Xustificante se o alumnoa/a presenta necesidades específicas de apoio educativo (achegando a documentación que acredite as circunstancias alegadas).

Estimación de vacantes
4º Educación Infantil                4
5º Educación Infantil                1
6º Educación Infantil                1
1º Educación Primaria              0
2º Educación Primaria              0

venres, 18 de febreiro de 2022

Entroido na escola

 Deixámosvos aquí os mandadiños deste ano, aínda que antes disto queremos lembrar algo.

  • Os mandadiños cúmprense a semana do 21 ao 25 de febreiro, anunciando a chegada do entroido.
  • Animámosvos a que empreguedes o que xa tedes: reutiliza, repensa, recicla...
  • Cumprir cos mandadiños do Meco non é obrigatorio, pero animámosvos a participar.
  • O venres virán con roupa negra para poñer os disfraces que estamos a facer na escola.

 

Os mandadiños deste ano,

non se van acumular,

polo que cada día

deberás isto revisar.

 

Se o luns, cómodo queres vir,

con pixama deberás vestir.

 

Para o martes pasalo ben,

algo na cabeza terás que poñer.

 

O mércores da semana,

traeremos a cara pintada,

 

O xoves haberá liberdade,

vestide como queirades.

 

Para o último día, venres,

reservamos o día grande,

vestiremos de superheroes,

iso non o dubidedes.

Grazas pola vosa colaboración!

xoves, 18 de novembro de 2021

Distribución de máscaras curso 2021/2022

Tal e como se establece na Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado destinatario será aquel matriculado en educación primaria:

  • Beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (non ten que presentar a solicitude).
  • Que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
            Estes últimos deben presentar a solicitude. Pincha aquí para descargar os anexos.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do día 15 ao 26 de novembro. As solicitudes entregaranse únicamente de forma presencial no centro educativo e acompañaranse da fotocopia do libro de familia.